Actividades previas

Para introducir ao noso alumnado dentro da dinámica do deseño dun novo patio, recurrimos a confección de actividades de motivación e tamén relacionadas coa análise das súas posibilidades.

Comezamos con este video motivacional no que empregamos unha actividade de introducción para analizar e verbalizar as opinións do alumnado. Presentouse xunto co anuncio da temática do proxecto.



Polo Día Intenacional da infancia, con data no 20 de novembro, animamos aos nosos nenos e nenas a facer un cambio de patio de recreo. O alumnado de Educación Primaria fixo o recreo no patio de Educación Infantil e o de Infantil no de Primaria.

Con esta actividade, o alumnado tivo unha toma de contacto co patio na súa totalidade podendo desfrutar dun xeito implicado como rol de maior ou menor idade. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario