Quen somos

Somos o CEIP Mestre Martínez Alonso, un pequeno colexio situado na vila de Mos en Pontevedra. Temos un espíritu traballador que nos impulsa a crecer e implementar novas accións no noso traballo diario. Conscientes da importancia do feito da convivencia nos tempos de lecer, implicámonos neste proxecto coa nosa comunidades educativa. 

Temos unha identidade de centro con carácter inclusivo e dinámico, no que primamos a transparencia e a liberdade. Entendemos os preceptos de convivencia pacífica e do traballo na non-violencia e concebimos o desenvolvemento das aprendizaxes nun ámbito de amplitude metodolóxica e avaliación da práctica docente.

Aprendemos e medramos todos xuntos, nais e pais, alumnos e alumnas, mestres e mestras, dende a colaboración, o repecto e o traballo en equipo.








No hay comentarios:

Publicar un comentario