Sobre o proxecto.




O patio que soñamos é un proxecto do CEIP Mestre Martínez Alonso a modo de Proxecto Documental Integrado polos equipos de Dinamización da Lingua Galega, Dinamización de Biblioteca, Actividades extraescolares e Convivencia. Comeza no curso académico 2017/18 para dar resposta á formación recibida no Plan de Formación Permanente do Profesorado do centro en materia de educación emocional, convivencia e creatividade.


E coma todo proxecto educativo, comeza cunha detección de necesidades.

Os patios de recreo, tanto pola súa morfoloxía como pola súa organización, son en moitos casos fontes de conflictos entre o alumnado dos centros docentes.

Conscientes das nosas necesidades de mellora en relación á convivencia pacífica do centro e no fomento da resolución de conflictos e mediación entre iguais, este curso damos un paso máis con este proxecto que pretende reformar tanto a estrcuctura formal e espacial como a organización dos tempos de lecer do noso alumnado.

Consideramos que os tempos de lecer dos nosos nenos son tamén un momento de aprendizaxe, de vivencias e de traballo dunha serie de valores que non sempre se traballan dende as materias tradicionais.

Benvidos ao rincón dos nosos soños!




No hay comentarios:

Publicar un comentario